O PSdG organiza un acto politico no Irixo para explicar a súa posición en contra da incineradora
O local veciñal de A Lama, no Irixo acollerá o venres dia 24 de febreiro ás 20.00 horas un acto político no que o PSdeG presentará detalladamente o seu posicionamento en contra da instalación dunha planta incineradora de lixo na provincia de Ourense, así como a súa aposta polas políticas de reciclaxe e reutilización dos residuos.
No acto, aberto a todos os cidadáns, participarán o portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, a secretaria de Organización Provincial, María Quintas, o portavoz na Deputación, José Ignacio Gómez, a deputada e secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, a deputada Laura Seara, e o senador Miguel Fidalgo, entre outros.