O pleno da Deputación de Ourense acorda por unanimidade posicionarse contra a ubicación elixida para a incineradora do Irixo
A moción presentada polo grupo socialista deu lugar a un intenso debate, ainda que finalmente o grupo maioritario do Partido Popular apoiou as teses defendidas no pleno da Deputación polo Alcalde do Carballño, Argimiro Marnotes. Desta maneira, a Deputación aprobou por unanimide opoñerse ao emplazamento previsto para ubicar a incineradora nos montes comunais de Menáz, O Cardedo, Filgueira, Casares e Orosa, no municipio do Irixo.
O Partido Popular matizou que non se opón a instalación do proxecto industrial para o tratamento do lixo, pero sempre que se faga noutra ubicación distinta á anunciada pola empresa promotora e a Xunta de Galicia no pasado mes de decembro. Non obstante, para o grupo socialista entendiase que debería rexeitarse a instalación da incineradora en calquera lugar, independientemente do seu emplazamento. Idéntico posicionamento defendeu o Portavoz do BNG, que pediu mirar cara Europa e apostar pola reducción, reciclaxe e reutiliazción no tratamento do lixo.
Finalmente, tras un tira e afloxa entre os grupos políticos, a moción aprobada polo pleno da Deputación de Ourense recolle o acordo adoptado, tamén por unanimidade pola Corporación Muncipal do Carballiño no pasado mes de xaneiro. De forma explícita o acordo manifesta opoñerse "á nova planta de residuos do sur de Galicia na actúal ubicación que fixou a empresa Estéla Eólica no municipio do Irixo", tamén se declara que "a Deputación aposta pola implantación da compostaxe e a reciclaxe como base do tratamento de residuos e aminorización da incineración atá conseguir a súa desaparición". O Acordo da entidade provincial será comunicado ao Concello do Irixo e á Xunta de Galicia, asi como á empresa Estéla Eólica e a Xunta Rectora dos montes veciñais nos que se pretende instalar a incineradora. A Deputación Provincial, como antes tamèn acordou o Concello do Carballiño, constituirá unha comisión de seguimento deste proxecto industrial, e do cumplimento do propio acordo adoptado por unanimidade dos 3 grupos políticos representados na Corporación Provincial.
Nun comunicado posterior á celebración do pleno na Deputación,o portavoz socialista entidade Provincial, José Ignacio Gómez, lamenta “a indecencia do Partido Popular, que o único que demostrou hoxe é que está a favor de que se instale na provincia de Ourense unha incineradora de lixo, e que o alcalde do Carballiño quixo lavarse a cara diante dos cidadáns cando viu a contestación social que tiña esta planta entre os seus veciños”.