O Concello de Cea súmase á petición para esixir a construcción da A-56 e a súa conexión co Eixo do Ribeiro
O Alcalde de Cea, José Luis Valladares, participou nunha reunión da que saíu unha "fronte común" que reinvidicará a recuperación do proxecto de construcción da autovia A-56.
Nesta xuntanza, que foi promovida polo Concello de Chantada, estiveron presentes representantes da maioria dos concellos polos que pasa o trazado previsto para esta autovia Ourense-Lugo, coa que deberá enlazar o Eixo do Ribeiro á altura do Alto das Lamas, entre os concellos de San Cristovo de Cea e Carballedo. Precisamente, o tramo que afecta a ambos concellos é o único no que as obras xa comezaran e quedaron paralizadas, tralos recortes do primeiro tixeirazo de fondos que afectou o Ministerio de Fomento no ano 2010.
Valladares salientou en COPE O Carballiño a importancia desta futura autovia para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, asi como para todo o sur de Galicia e o norte de Portugal "xa que a través do Eixo do Ribeiro accederáse a unha via de comunicación pola que transitará o tráfico para o norte de España e Francia, e esto é moi importante para toda a nosa comarca e todo o interior de Galicia", dixo
Na reunión elaborouse un documento que agora será remitido ao Ministerio de Fomento, á Xunta de Galicia, ás Deputacións de Lugo e Ourense e a comisión de fomento do congreso para "reclamar que se reactive este proxecto" que os asinantes consideran "é fundamental para vertebrar o interior de Galicia".