Ao BNG sáelle unha débeda municipal que reduce ata 1,2 millóns de euros
Esta é a interpretación que fai o BNG dos datos aportados polos auditores, e asi o asegurou a Concelleira Áurea Francisco, a débeda do Concello do Carballiño non supera a cifra de 1,2 millóns de euros.
A concelleira nacionalista asegurou en COPE O Carballiño que "os datos que nos achegaron os auditores, cos que estivemos reunidos, indicannos que aos proveedores debemos 3,4 millóns de euros, e 3,9 millóns de euros aos bancos, que suman un total de 7,3 millóns, e eso é o que debe o concello, pero tamén hai que contar os recibos pendientes de cobro, sobre 5 millóns e pico, e cartos que hai en caixa 3,2 millóns de euros", tamèn aclarou como os recibos que tería pendentes de cobro o concello do Carballiño "serían unhos 5 millóns e pico de euros, dos que hai que descontar os que xa están prescritos, descontados éstos quedan pendentes 2,9 millóns de euros que sí aínda se poden cobrar", suliñou.
Desta maneira, para a concelleira do BNG "Se os 7,3 millóns lle descontamos os 6,1, obterémos o saldo negativo do Concello do Carballiño, que é de 1,2 millóns de euros".
Tras facer esta lectura da auditoria, Áurea Francisco considera que a realización da mesma era innecesaria e ademáis "demostrase que o grupo de goberno fixo unha utilización política de todo esto, un dia sí e outro tamén membros do equipo de goberno tiñannos nun sin vivir, alarmando á cidadanía, tampouco se pode faltar o traballo que fan os técnicos, filtrando datos sesgados e alarmando de forma inxustificada", remarcou.