O Concello do Carballiño publicará a auditoría na internet
Asi o anunciou hoxe en COPE O Carballiño o Alcalde Argimiro Marnotes "quero que a xente saiba que xa se está a traballar para que calquer veciño poida ver a auditoria na páxina Web do Concello".
Marnotes aclarou que "temos que ser respetuosos e cumplir coa lei de protección de datos, haberá que retirar datos relativos a empresas, pero tan pronto nos sexa posible faráse, porque si se fixo unha auditoria é para que os veciños coñezan a realidade que se manifesta na mesma" e engadíu "os números son os que son, e a débeda é a que se dixo porque asi o poñen de manifesto os auditores".
O Alcalde do Carballiño reafirmouse nos datos que aportou a semana pasada sobre a débeda municipal que se recolle na auditoria "que é de 6,8 millóns, e ademáis hai que explicarlle moi claramente á cidadanía que hai 3 millóns de euros que se viñan arrastrando nos orzamentos de cada ano como cobrables e se temos en conta a realidade contable en xuño de 2011 vemos que o remanente positivo é de 2,68 millóns de euros e estariamos nun deficit aproximado de menos 987.000 euros, e de ahí sae unha diferencia de 3 millós de euros, esa é a liquidez que figuraba nos orzamentos", explicou.