A Carballeira do Campo acolle o "festival protesta contra a incineración"

13, Abril 2012

"Como resposta social a aposta da Xunta de Galicia pola inceneración de residuos como modelo de negocio, e a sua intención de instalar unha Incineradora de RSU no Concello de O Irixo" convócase o sábado, 14 de abril  un festival protesta "para defender a Reducción, a Reciclaxe e a Reutilización de residuos e loitar contra a instalación de outra incineradora en Galicia", organizado pola Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non e a Asociación Musical 8 Notas do Carballiño.

As actuacións sucederanse dende as 13:30 ata a 1:45, hora a que dará comezo o último concerto. Contaráse con 2 escenarios nos que soará música para todas as idades, sortearanse lotes de productos artesáns e da terrra, haberá servizo de comida e bebida a prezos moi populares e tamén se intalará unha carpa ante as previsións de choiva.

O lugar onde se celebrará é unha carballeira centenaria situada a 3 minutos andando da estación de tren de Irixo, na cal ten lugar a festa da Parroquia do Campo (GPS pobo da Lama).

O Cartel de actuacións previstas é o seguinte:

-Serandeiros de Boborás.

- As Piconas do Irixo.

-Ce Orquestra Pantasma.

-Roberto Sobrado.

-Xosé Constenla e Andrés Fernández.

-Os Varacuncas.

-A Quenlla.

-Atake Skampe.

-Zënzar.

-Skarmento.

-Kambotes.

-A Banda Desarmada.