Convocada outra manifestación contra a incineradora para este próximo domingo
O movemento social contra a contrucción dunha planta incineradora de residuos continua programando actos de protesta, o próximo terá lugar o vindeiro domingo 22 de abril, e desta vez a convocatoria será na vila de Lalín.
Tras a celebración este pasado sábado do festival-protesta na carballeira do Campo, no Irixo, organizado pola Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, estaba previsto un novo festival musical para este vindeiro sábado dia 21 en Lalín, non obstante a dificultade para contar cun local apropiado para a súa celebración, motivou a renuncia a súa organización. No celebrado este pasado sábado no Irixo, as desapacibles condicións meteorolóxicas, o frio e a choiva influiron negativamente na asistencia de público, que foi moito menos do que se esperaba.
No seu lugar, a Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non convoca unha unha nova manifestación "contra a pretensión da Xunta de Galicia de contrucción dunha planta incineradora de resíduos", que terá lugar este próximo domingo dia 22 de abril ás 12 da mañá. O lugar de concentración e saída da protesta será desde a rúa da Habana, diante do Concello de Lalín.