A Festa do Pulpo aínda non conta coa declaración de interese turístico nacional
Asi o recoñecía nesta emisora de radio o Alcalde do Carballiño "aquí durante anos estivose decindo que se realizaban xestións para conseguir a declaración de interese internacional e resulta que aínda non temos a declaración de interese nacional".
Marnotes confesou a súa sorpresa "cando nos puxemos, vemos como o único distintivo que ten a festa é de interese turístico, que é un distintivo autonómico que concede a Xunta de Galicia, e o problema que se nos presenta agora é que para acadar a distinción internacional terán que pasar unhos anos, porque antes aínda terémos que solicitar a declaración de festa de interese turistico nacional".
En efecto, para optar ao recoñecemento internacional terán que pasar ao menos cinco anos, ademáis de cumplir con outros requisitos, entre os que se valora o arraigamento popular, a antigüidade e continuidade, a repercusión nos medios de comunicación e os aloxamentos e servizos turísticos existentes nun entorno de 50 kilómentros. Non parece que a festa gastronómica carballiñesesa teña dificultades para aspirar á concesión de esa distinción internacional, non obstante, antes deberá conseguir a concesión de festa de interese turístico nacional.
O Alcalde do Carballiño anunciou que "no próximo pleno que celebremos imos xa tratar de poder tomar o acordo da corporación para aprobar o expediente da solicitude e trasladar o mesmo ó Ministerio correspondente".