A manifestación celebrada en Lalín contra a incineradora convocou a numerosa veciñanza da Comarca Carballiñesa
Un ataúde negro co nome do Irixo abríu a marcha de protesta celebrada este domingo contra a incineradora, que reuníu a varios centos de persoas que percorreron as rúas da capital do Deza.
A convocatoria feita pola Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non contou co apoio das plataformas do Carballiño e O Irixo, organizacións ecoloxístas, e formacións políticas como o PSdG e BNG. Entre outras persoas, participaron nesta protesta o Secretario de Organización dos socialistas galegos Pablo Garcia, e o Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez.
Tamén tomaron parte activa na protesta numerosos veciños do Carballiño e O Irixo, organizados na Plataforma Incineradora Non e a Cordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non, asi como representantes da Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño.
Os manifestantes dirixiron boa parte das protestas contra o Presidente da Xunta e os Alcaldes do Partido Popular, ao considerar que impuxeron a lei do silencio e deseñaron unha estratexia política ante a proximidade das eleccións autonómicas, en relación á ubicación da planta incineradora. Non obstante, desde os distintos colectivos e asociacións que veñen pedindo un modelo alternativo á incineración para a xestión dos residuos, pensan que a Xunta sigue mantendo O Irixo ou Dozón como opcións preferentes para ubicar a planta incineradora.
Tras esta protesta, o próximo obxetivo será agora a tramitación dunha Iniciativa Lexislativa Popular que se presentará no Parlamento Galego.