Fácil victoria do Arenteiro ante o Maside, 4-1.
Plácido partido do Arenteiro, que dominou de principio a fin, cómodo triunfo dos carballiñeses que neste sprint final da liga dan un paso adiante para lograr o ascenso, mentres que para os masidaos a derrota en Espiñedo complica as súas aspiracións para manterse na categoria.
Lonxe dos clásicos partidos de rivalidade Arenteiro-Maside, nos que case sempre dominaba a igualdade, nesta ocasión o Arenteiro foi amo e señor no terreo de xogo, froito da superioridade física e táctica que demostraron os carballiñeses.
Aos 5 minutos de partido chegaba o primeiro gol do Arenteiro, ao aproveitarse Iglesias dun rexeitamento do porteiro visitante, que non foi capaz de atrapar o balón e propiciou que o dianteiro carballiñés se aproveitase da circustancia. Aos 36 minutos, outra vez Iglesias, recibe un balón ante a pasividade da defensa masidá e envia mansamente ao fondo da portería. Unhos minutos antes o árbitro anulou un gol ao Maside por fora de xogo. O terceiro gol do Arenteiro chegou no minuto 38 de partido, tras unha gran xogada persoal de Cancelas pola dereita que envia a Kennedy e éste marca a placer no segundo pau.
Na reaunudación, no minuto 48 de partido, lograba o seu gol o Maside, que parecía meterse asi no partido. Non obstante, resultou ser un espellismo porque aos 53 minutos Kennedy cun tiro raso desde o borde da área poñía o 4-1 no marcador, resultado que xa sería definitivo, aínda que o Arenteiro tería varias ocasións no resto do partido para incrementar a súa ventaxa.
Tras esta victoria ante o Maside e a derrota do Nogueira de Ramuín en Ramirás, o Arenteiro aupase ao liderato da clasificación a tan so dous partidos para rematar o campionato. Eso si, Covadonga e Allariz non aflouxan e resolveron ao seu favor os seus respectivos partidos, asi que igual que o Nogueira de Ramuín situanse os tres equipos a 2 puntos do Arenteiro, que ten por diante duas auténticas finais, a primeira a vindeira fin de semana en Oira ante a Ponte e no derradeiro partido de liga en Espiñedo ante o Barbadás B.