As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro contarán con 5 novas emisoras de radio

3, Maio 2012

As cinco novas emisoras sumaránse ás tres que xa emiten na actualidade no ámbito das duas Comarcas. As novas frecuencias ubicaránse nas localidades de O Carballiño e Ribadavia, duas novas emisoras en cada municipio, e unha no concello de Avión.

A Xunta de Galicia deberá resolver próximamente o concurso público  de outorgamento de licenzas para a prestación de servizos radiofónicos de carácter comercial en F.M., en total 84 frecuencias no territorio galego contempladas no plan técnico nacional de 2006, delas 5 para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro. A administración autonómica puxo en marcha fai un ano o proceso do concurso para a adxudicación das novas frecuencias, e acordou no mes de setembro unha prórroga para a súa resolución, tendo en conta o elevado numero de solicitudes presentadas.

Para as duas emisoras ofertadas para O Carballiño optan a maioria dos grandes grupos de comunicación, e en menor medida para as localidades de Ribadavia e Avión.

As futuras emisoras ampliarán a actúal oferta de radio local nas duas comarcas, nas que na actualidade emiten COPE O Carballiño, Onda Cero O Carballiño, e Radio Ribeiro Cadena SER, dándose a circustancia que nos 3 casos as licenzas coas que emiten son de titularidade de empresas locais que manteñen alianzas coas 3 grandes cadeas de radio estatais.

O CONCELLO DO CARBALLIÑO PECHA A RADIO MUNICIPAL

A Corporación do Carballño acordou no pleno celebrado esta semana o peche da emisora municipal de radio, que viña funcionando desde o ano 2.000. O Grupo de Goberno do Partido Popular decidiu o seu peche e prescindir deste servizo de radiodifusión ao considerar que non cumplía a función social para a que fora creada, e tendo en conta ademáis o elevado coste económico para o concello carballiñés.

 Por parte dos grupos da oposición, BNG e PSdG PSOE pediuse que o concello conservase a frecuencia con vistas a súa posible reapertura no futuro. Non  obstante, a emisora tan so contaba cunha adxudicación provisional da frecuencia, xa que durante os 12 anos do seu funcionamento o concello do Carballiño nunca completou o proceso técnico nin administrativo para contar cunha licenza definitiva.