A Xunta elixe a data do 9 de xuño para a celebración da Festa dos Maiores

12, Maio 2012

Miles de persoas vovlverán citarse no Carballiño con moitivo desta xuntanza festiva organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que fixou a data do sábado dia 9 de xuño para a celebración da edición de 2012.

A festa, que se desenvolve no parque municipal, ven celebrandose no Carballiño  desde o ano 1978, e a ela acuden maiores procedentes fundamentalmente da xeografía galega, aínda que en menor número tamén o fan pensionistas chegados dende as comunidades autónomas limítrófes con Galicia.

Nos vindeiros dias, o salón de actos do Concello do Carballiño acollerá a reunión preparatoria do protocolo de seguridade e sanitario que se levará a cabo para esa data, un operativo no que interveñen as forzas de seguridade, Policia Autonómica, Garda Civil e Policia Local, Protección Civil e os servizos sanitarios. Pola súa parte, o Concello do Carballiño aporta ademáis o persoal necesario para a organización das infraestructuras no parque municipal.

PRESENTADO  O EXPEDIENTE PARA DECLARACIÓN DA FESTA DO POLBO COMO "DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL"

Os técnicos da concellaría de Turismo do Carballiño levaron á Xunta de Galicia o expediente para a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa do Pulpo. O informe, que foi revisado antes de envialo pola edil de Turismo e o propio alcalde carballiñés, entregouse na Dirección Xeral de Turismo, onde realizarán un informe e o remitirán ao ministerio, que é o organismo encargado de outorgar estas declaracións. A edil de Pilar Caride confía en que esta declaración de interese turístico nacional chegue antes da celebración desta 50 edición da Festa do Pulpo "grazas sobre todo ao inmenso traballo realizado polos técnicos do departamento de turismo, que elaboraron un informe perfecto e moi documentado,".

Nese informe, composto por sete tomos e máis de 1.500 folios, recóllese toda documentación relativa á festa carballiñesa dende o seu inicio, coa memoria desta, expedientes relativos a ela, así como un amplo informe de prensa no que están todas a referencias que se fixeron a esta festa nos rotativos locais, provincial e nacionais, dende o seu inicio ata o 2011.

Así mesmo achéganse todas as adhesións de organismos, entidades e asociacións a esta festa carballiñesa, e a xustificación da declaración de festa de interese turístico. Un apartado importante deste informe é o dedicado á publicidade e promoción que durante estes 50 anos se fixo da Festa do Pulpo, achegándose para iso as accións publicitarias, así como videos e fotos centrados nesta celebración gastronómica única en toda Galicia.