O Partido Popular fai valer a súa maioria no pleno da Corporación para aprobar a RPT e os orzamentos municipais de 2012
Todo según o guión previsto, PSOE e BNG "competiron" en críticas tanto á Relación de Postos de Traballo - RPT - como aos orzamentos elaborados polo grupo de goberno para o actúal exercicio de 2012, que resultaron aprobados cos votos a favor do Partido Popular, no transcurso do pleno extrarodinario celebrado pola corporación municipal do Carballiño.
Na mesma sesión, aprobouse por unanimidade, aínda que con matices por parte dos grupos da oposición, unha proposta de declaración de interés municipal da obra de "construcción da nave de elaborado e precesado de polbo no polígono industrial da Uceira", cunha exención do 80% no imposto municipal para axudar á implantación deste proxecto industrial. Non obstante, a concelleira do BNG ciriticou "os criterios subxetivos que o Alcalde ten para decidir este tipo exencións" polo que pedíu "un regulamento especial para este tipo de axudas. Tamén pedían os socialistas por medio de Paco Fumega un baremo que regule estes procedementos.
PSOE e BNG EN CONTRA DA RPT PARA O ANO 2012
Aúrea Francisco, a Concelleira do BNG, manifestou que "o concello do Carballiño non pode estar a estas alturas sen unha Relación de Postos de Traballo máis profesional, por enriba de partidismos e ideoloxias". Mentres, o Socialista Adolfo Nogueira afirmaba que "en política laboral a transparencia deixa moito que desexar", lembrando como un ano despóis de goberno do Partido Popular "as modificacións foron moi pequenas, case todo sigue igual" o que levou ao concelleiro socialista a concluir que "a política laboral do anterior goberno socialista non estaba tal mal, non vemos mellorías porque non eran necesarias, como tampouco o era despedir a catro traballadores aos que houbo que indemnizar", recriminou.
Desde o Partido Popular, Martín Nogueira recordou como no ano 2009 o Tribunal Superior de Xsutiza de Galicia anulara a RPT daquél ano "consensuada cun so sindicato, curiosamente coa UGT, e denuncida pola CIG", á que a xustiza deu a razón. O portavoz popular asegurou que é a primeira vez "que o Alcalde se reune con todos os sindicatos para elaborar unha RPT profesional, non como antes cando se decidian os soldos pagandolle máis a quen o Alcalde quería en base as súas simpatias". Engadíu, ademáis que " a RPT ten notables cambeos e contempla aforros que servirán para pagar débedas, en ningún caso os cámbeos son para colocar ou despedir a ninguén pola súa ideoloxía política".
OS ORZAMENTOS PARA 2012 REDUCENSE ALGO MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
O Partido Popular presentou ao pleno unhos orzamentos que se sitúan nos 8.262.968,11 euros, polo tanto cunha rebaixa sustancial en relación ao último orzamento xestionado polos socialistas.
A concelleira nacionalista calificounos como "unhos orzamentos que levan ao Carballiño á paralise municipal máis absoluta" referindose ao goberno do Partido Popular como "un goberno manos tijeras recortando en todo, menos na débeda que aumenta un 65 por cento, con este orzamento o grupo de goberno moi ben podería dedicarse á vida contemplativa porque pouco pode facerse".
Paco Fumega, o Portavoz do PSOE referíuse aos orzamentos como "os peores da historia do Carballiño, o capítulo de inversiós é practicamente inexistente, so aumenta a débeda". Fumega tamén recriminou ao goberno popular "que na súa política de aforro non haxa lugar para inversiós e sí para liberar a dous concelleiros".
As criticas da oposición foron rexieitadas polo portavoz popular Martín Nogueira, para quen os orzamentos "son máis inversores que os anteriores, que sempre estaban inflados e eran irreais", para os populares, malia o descenso do orzamento, o capítulo de investimentos incrementaráse un 18 por cento, xa que este ano investiranse 633.310 euros fronte aos 537.000 de inversión real que tiveron os últimos dos socialistas, polo que son "unhos orzamentos rigurosos, creíbles e precabidos", manifestou.