Dacón cumple 90 anos de celebración festiva de Santa Rita
No ano 1922 inaugurabase a Igrexa de Dacón, e desde entón o templo acolle unha imaxe de Santa Rita, unha obra do escultor "imaxineiro" valenciano Pio Mollar Franch, regalada á parroquia pola veciña do pobo Pilar Valeiras, según consta no arquivo parroquial de Amarante.
Asi pois, cumplese neste 2012 o 90 aniversario do inicio da devoción do pobo de Dacón a Santa Rita. O bispo da de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, presidirá o martes 22 de maio ás 12,30 da mañá, a misa solemne que conmemora este cumpleanos. A celebración contará co acompañamento do Orfeón do Carballiño.
AS VERBENAS, PLATO FORTE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA, CUN ORZAMENTO DE 25.000 EUROS
A programación de actividades organizada pola comisión de festas comezou o pasado dia 17, cun ciclo de cine infantil que se proxectou no salón parroquial. O domingo celebrouse un gran festival infantil, ademáis os bares da localidade veñen acollendo xogos e campionatos de dominó, subastado, billar e chave, e o mércores 23 xogaráse un partido de fútbol entre o Dacón F.C. e Veteranos Dacón.
O martes 22, amenizará a xornada a banda de música popular de Ruviós, que ofrecerá pasarrúas e concertos, e pola noite desde as 22,30 horas, as orquestras Ciclón e Marbella alternarán na primeira verbena das festas.
O mércores 23, encargaráse da animación musical a charanga Castro Bello, e para a verbena foron contratadas as orquestras Palladium e Panorama. A comisión de festas terá que reunir 25.000 euros, para cubrir o orzamento destas festas de Santa Rita 2012.