O parque de bombeiros estará rematado este ano e operativo en 2013
Asi o anunciou o Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda con motivo da visita institucional as obras de construcción do parque, que teñen un prazo de execución de 10 meses, e representan un investimento de 666.000 euros que aportan a Xunta, Deputación e Concellos.
O conselleiro adiantou que próximamente procederáse á licitación dos vehículos e dotación para o futuro parque, de tal maneira que se agarda poida estar operativo no transcurso do ano 2013. Dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias a unha poboación preto de 50.000 habitantes nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
O edificio que servirá de sede para o parque de bombeiros, sito nunha parcela do parque empresarial do Carballiño, terá unha superficie construida de 757 metros cadrados, para albergar as distintas dependencias. Entre a dotación coa que contará figura un camión-escada para intervencións en edificios de atá 10 pisos.
O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, salientou a importancia "de investir en seguridade, porque é unha inversión de futuro para os veciños e veciñas do Carballiño". Ademáis do rexedor municipal, acompañaron ao Conselleiro nesta visita ás obras o Presidente da Deputación Manuel Baltar, o Delegado da Xunta Rogelio Martinez, e o Presidente do Consorcio e Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, asi como varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal do Carballiño.