Cea celebra a Festa do pan e inaugura o novo Lodairo

29, Xuño 2012

Fin de semana de moita actividade  na vila de Cea. O sábado dia 30 ás 11,30 horas inauguranse as novas instalacións do campo de fútbol do Lodairo, e o domingo 1 de xullo o campo da Saleta acolle unha nova edición da Festa do Pan de Cea.

O novo Lodairo é agora un moderno campo de fútbol de herba sintética preparado para distintas modalidades deportivas, como o fútbol -5, o fútbol-7, ou o máis convencional, o fútbol-11. Ademáis, tamén se reformaron os vestiarios, a grada e acometeronse melloras en todo o seu contorno. No proxecto investironse 300.000 euros, aportados pola Deputación e o propio Concello de Cea. O Alcalde, José Luis Valladares, recordou en COPE O Carballiño "a evolución deste campo desde aqueles tempos nos que aquelo era un pedregal, por alí pasaba un camiño e houbera que retirar unhos postes da luz, eu daquela era directivo do C.D.Cea, e tiveramos que amenazar a Fenosa, recordo que nos esixiran un convenio por importe de 100.000 pts, e o final só pagarámos unha peseta".

Valladares mostrou a súa satisfacción por ver realizada unha obra "que nos estaban demandando os xóvenes, a partir de agora xa poden disfrutar destas novas instalacións". O rexedor ceano tivo palabras de agradecemento para o Ex-Presidente da Deputación José Luis Baltar "porque se non fose pola colaboración da Deputación non housemos podido acometer este proxecto", suliñou.

XXI FESTA DO PAN DE CEA

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea e o Concello de San Cristovo de Cea esperan que o evento siga cumplindo o seu obxetivo: promocionar o producto estrela da localidade, unha industria artesán que manteñen hoxe activa un total de 18 fornos, aos que logo se sumarán dous novos productores.

Para ver a programación desta XXI Festa do Pan de Cea entra en www.concellodecea.com