O BNG advirte "do perigo das árbores secas nos rios Avia e Arenteiro"
As treboadas dos pasados dias agravaron a problematica da caida de árbores secas sobre o Avia e o Arenteiro "o que representa ademáis dun problema medio-ambiental, un perigo para a seguridade das persoas", denuncia o BNG.
O Concelleiro nacionalista da Corporación de Leiro culpa da situación "á pasividade que manteñen tanto a Confederación Hidrográfica, como a Xunta e o Concello de Leiro, estou farto de chamar a atención sobre este asunto nos plenos da corporación e pasan de todo, esto é unha vergoña", apunta Luis Pérez Estévez "Ficol".
Son varios centenerares de árbores secas as que poden verse nas ribeiras do Avia e o Arenteiro, nos tramos "urbanos" ao seu paso polas vilas de Leiro e O Carballiño, respectivamente. Moitas destas árbores caeron como consecuencia dos remuiños de vento que se rexistraron nas treboadas da pasada semana, unhos sobre as ribeiras e outros sobre o propio cauce dos rios.
"Ficol" advierte do perigo que representan estas árbores "o outro día unha enorme ponla de milagre non caeu enriba dunha persoa que estaba a pasear polo río aquí preto de Leiro, ademáis os troncos acumulanse nangunhos sitios como a ponte das Poldras, e eso representa un perigo para a mesma ponte", suliñou.