O Concello do Irixo renuncia á organización da Festa do Cabalo
A institución muncipal que preside o Alcalde Manuel Penedo renuncia este ano á organización do evento festivo. O 1º Tenente Alcalde, Manuel Cerdeira, era o principal organizador da convocatoria, que contaba co apoio oficial do Concello.
A Festa do Cabalo do Concello do Irixo, que durante os últimos 12 anos convocaba o primeiro domingo de agosto a centos de seguidores na carballeira do Tellado, non contará este ano coa programación de actividades por parte do concello, aínda que un grupo de afeccionados ten previsto celebrar unha pequena xuntanza e un xantar de confraternidade.
Non obstante, son malos tempos para a confraternización no municipio do Irixo, que aínda non conseguíu superar o clima de crispación social que vive este concello a raiz da polémica pola instalación da incineradora. A unhos dias vista da celebración das festas do 15 de agosto na parroquia de Santa María do Campo tampouco ningún veciño se fixo cargo da súa organización, as "festas do 15" son as máis representativas de todo o municipio e a súa celebración tamén corre serio perigo.