Arranca a programación da semana da Festa do Polbo

3, Agosto 2012

O encendido da iluminación artística nas rúas carballiñesas anuncia o inicio da semana grande da festa do polbo, que se prolongará con diversas actividades diarias atá o domingo dia 12 de agosto. Na Pista Roxa celebrase o 1º Campionato de Billar "Poolpo", que incluirá unha exhibición do campión do mundo David Alcaide, o sábado dia 4 ás 21 horas. Tamén terá lugar a primeira verbena que animará unha orquestra na noite do sábado na Praza Maior.

O domingo 5 a "1ª Andaina da Festa do Pulpo" que sairá as 9 da mañá desde o campo da festa de Arcos e completará un percorrido de 16 kim. polos arredores do Carballiño, inauguraráse a Feira de Artesanía que se instalará na praza Pardo Bazán e a rúa Rosalía de Castro, e pola tarde o DJ. TIBU e un taller de Pulpoflexia animarán unha festa infantil na Praza Maior.

XORNADAS TÉCNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO

O Alcalde do Carballiño agradeceu no acto de presentación a colaboración que presta a esta iniciativa o INORDE, representado polo seu xerente Xosé Manoel Rodríguez, quen felicitou ao concello carballiñés por conseguir "facer desta festa un espectáculo" e potenciar unha actividade "que ten a súa importancia para a economia local, xa que cada pulpeira é unha empresa", dixo. O Xerente do IINORDE aplaudiu "unha idea xenial, como son estas xornadas, con profesionais de prestixio que prestixiarán aínda un chisco máis o pulpo do Carballiño"

Este "SHOW COOKING" desenvolveráse entre os dias 7 ao 9 de agosto no Carballiño. Constantino Iglesias, da empresa Velizza que patrocina as xornadas, salientou o gran nivel dos profesionais participantes e animou aos hosteleiros carballiñeses e ao público en xeral a coñecer "unhas técnicas de elaboración do pulpo que serán todas elas novidosas para cociñar o pulpo".

O Martes 7 a Asociación de Enólogos presentará a ponencia-debate "El vino y el pulpo", que coordenará Pepe Vieira. O mércores dia 8 celebraráse unha cata comentada e guiada por Luis Padin, e un taller de cociña a cargo de Taky, gañador de varios premios nacionais.  E finalmente, o xoves  9, presentaráse unha ponencia e taller impartido polo prestixioso cociñeiro Flavio Morganti, mentres que Isaac Martín Pena  dirixirá un taller infantil de cociña. Todas as actividades son gratuítas.