As Xuventudes Socialistas do Carballiño renovan a súa Executiva
Os xóvenes socialistas do Carballiño reuníronse para constituir unha nova Executiva carballiñesa da agrupación, da que saíu elexida como nova Secretaria Xeral Miriam Fernández.
Os militantes aprobaron o Informe de Xestión da executiva saínte, donde Juan José Nogueira estivo como Secretario Xeral durante 4 anos, e indicou que “somos unha agrupación en crecemento, donde intentamos que cada mozo/a teña o seu espacio e cada un de nos pasa e aporta un pequeno gran de area para que cada mozo e moza poida acadar as súas metas”.
A única candidatura presentada, encabezada por Miriam Fernández, estivo apoiada polo 100% dos militantes. A nova Secretaria Xeral das xuventudes asume o cargo “con ilusión, compromiso e traballo, e o coñecemento de que no Carballiño hai moito que facer”, ademáis invita aos mozos/as da vila a traballar man a man “o futuro e o presente depende de nos”.
Miriam Fernández, estudante do último ano de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela chega á secretaría despois de afiliarse as XSG no ano 2009.
Completan o resto da Executiva Jorge Cervantes como Secretario de Organización e Comunicación, César Rodríguez asume a Secretaría de Igualdade e Movementos Sociais, Santiago Rodríguez a de Educación e Formación e Rubén Rodríguez a de Cultura, Deportes e Medio Ambiente. Como única vogal exercerá María del Pilar López.
Está agrupación ten como obxetivo interaccionar cos xóvenes coñecendo as súas inquedanzas e tratar de evolucionar dentro desta vila, “estamos rodeados de xente con afán de aprender, de traballar e de conseguir os seus propósitos”, manifestou a nova responsable local das Xuventudes Socialistas.