O prato xigante de polbo converte a Praza Maior nun gran espectáculo
Unha gran expectación de público e mediática acompañaron por terceiro ano consecutivo un novo record carballiñés, ao presentar o prato de polbo á feira máis grande do mundo, desta vez 3,20 metros.
Arredor de 2.000 tapas de polbo á feira -según os cálculos dos organizadores- sairon do prato xigante, en cuxa presentación empregaronse 250 kilos de polbo, maxistralmente picados a modo de exhibición polas polbeiras de Arcos tamén en tempo record, que logo acompañaron de aceite, sal groso e pimentón, como manda o ritual.
A Praza Maior do Carballiño converteuse por unhos momentos en punto de atracción mediática e algunha televisión de cobertura nacional conectou en directo para o seu telexornal, mentres que outras moitas cadeas de televisión e radio, tanto de ámbito galego como español, gravaron reportaxes do acontecemento.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE MUSICA E DANZA
A Praza Maior convertiráse en escenario dunha nova edición das Xornadas de Folclore, que organiza a Deputación, e que traerán atá O Carballiño grupos folclóricos representativos de diversas culturas do mundo, será o mércores dia 8 a partir das 22,30 horas.
O "PULPO DE CADENA 100" CHEGA AO CARBALLIÑO O VENRES POLA NOITE
O locutor e DJ de CADENA 100 "El Pulpo" presentador do exitoso morning show "Buenos Dias Pulpo", que se emite nesta cadena de radio para toda España sábados e domingos de 7 a 11 horas, ofrecerá o seu espectáculo na Praza Maior do Carballiño o venres dia 10 a partir das 23,30 horas
BATUCADA E TIRADA DE FOGOS ARTIFICIAIS
Ademáis do xa tradicional concurso de camisetas das peñas da festa do polbo, a programación de actividades da Festa do Polbo ofrece o sábado 11 a animación musical dunha "BATUCADA" en horario de tarde e noite, e a 1ª Tirada de fogos da Festa do Polbo, ás 24 horas. O espectáculo estará a cargo da "Pirotécnia Abad" e lanzaráse desde o barrio de Toscaña, a carón da ponte sobre o río Arenteiro.