As Plataformas contra a incineradora aproveitan a Festa do Polbo para manifestarse
As Plataformas contrarias á incineradora no Irixo decidiron aproveitar a afluencia de público á festa do pulpo que se celebra este domingo para convocar unha manifestación "silenciosa".
O punto de encontro será a Casa da Cultura do Carballiño, ás 12 do mediodia do domingo "para lembrar aos veciños a vixencia deste problema, e aos representantes dos diferentes Partidos Políticos a firme oposición das Comarcas do Carballiño e O Deza a este atentado, en forma de toneladas de lixo, ao que nos pretende someter a Xunta de Galicia", afirman.
As Plataformas Inceneradora Non do Carballiño, a Coordenadora Veciñal do Irixo e Incineradora no Deza Non invitan a toda a cidadanía "a acudir de forma educada e respetuosa coa festa, para facer oír a voz da protesta en data tan sinalada".