Os Socialistas de Punxín non se consideran responsables da problemática da auga e culpan da situación ao Partido Popular
Alfredo Cruz, o Ex-Alcalde Socialista de Punxín, manifestou nesta emisora de radio que comparte o malestar veciñal porque a situación que está vivindose neste municipio pola auga "é de cárcere".
Referíase concretamente á problemática que afecta á localidade de Ourantes onde -según o Ex-Alcalde- a auga do abastecemento non reúne as condicións de salubridade necesarias para o consumo humano " temos un problema moi serio co arsénico na auga, esto é moi grave, temos analíticas que demostran que houbo atá un 23% de arsénico, o Alcalde tiña que ter informado aos veciños con bandos, e non se fixo nada, esto é de cárcere, outros por menos están inhabilitados", afirmou Alfredo Cruz.
O Ex- Alcalde está, ademáis, moi molesto coa actitude do actúal rexedor municipal do Partido Popular, por culpabilizalo do incremento nos recibos da auga, xa que o socialista foi o que asinou en 2007 o contrato con Aquagest para a xestión do servizo municipal de auga no municipio de Punxín.
Alfredo Cruz declarou en COPE O Carballiño que "cando nos chegamos ao concello non chegaban 40 mil euros ao ano para mantemento e averias, era algo descomunal, aquelo era unha auténtica desfeita, e pensamos que con Aquagest podiase solucionar todo aquél problema". O Ex-Alcalde explicou que foi daquéla cando "pedimos un informe xuridico á Deputación porque Punxín non ten valor xurídico por ter menos de mil habitantes, por eso foi a Deputación quen fixo o estudio do contrato que asianos con Aquagest, e aquél informe foi favorable", remarcou.
"Despois a partir do 2009 e 2010 empezamos a acusar a crise, e no 2011 antes de deixar nós o concello xa lle comunicamos a Aquagest que tiñamos un problema pola rebaixa nas aportacións do Estado e da Xunta, e que tiñamos que revisar o prego de condicións, que é revisable cada 2 anos, e xa daquéla lle dixemos que había que revisalo e que ademáis non lle ibamos aprobar os incrementos que propoñían", manifestou Alfredo Cruz.
Finalmente, o ex-rexedor socialista recordou como despois de perder as eleccións "e quero recordar que por 8 votos, no primeiro pleno que se celebrou o primeiro que fixo o novo Alcalde foi aprobarlle todo a Aquuagest, e deso nos non podemos ser responsables".