Os Socialistas consideran "unha gran oportunidade para a Comarca que o Presidente da Xunta fose un veciño do Carballiño"
Pachi Vázquez será proclamado este vindeiro sábado como o candidato do PSOE á Presidencia da Xunta cara as eleccións galegas do 21-O, e os socialistas locais celebrano prometendo "traballo arreo de todas as agrupacións locais".
O adianto electoral deixou en suspenso o proceso de primarias entre os socialistas galegos e facilitou ao Ex-Alcalde do Carballiño a súa candidatura.
O Secretario da Agrupación Local do PSdG-PSOE e portavoz municipal, Paco Fumega, manifestou que "desde o punto de vista comarcal é unha boa oportunidade para a comarca, e mesmo desde o punto de vista egoísta, que o presidente da Xunta fose un veciño do Carballiño, porque o demostrou con creces cando foi conselleiro, con esas invesións millonarias en Maside, Piñor, O Irixo, San Amaro, Boborás e no propio Carballiño".
Fumega anunciou que "desde as agrupacións locais imos traballar arreo para que a partir do 21 de octubro teñamos un goberno que nos defensa deses ataques brutais contra unhas conquistas sociais que nos levaron moito tempo e moitos sufrimentos conquerir".
OS SOCIALISTAS DEMANDAN DA XUNTA UNHA POSTURA CLARA SOBRE A INCINERADORA
A referencia de Paco Fumega á convotaria electoral coincidíu coa comparecencia dos socialistas da comarca na que esixiron "unha postura clara de rexeitamento da incineradora" por parte da Xunta de Galicia.
Os socialistas demandan da administracción autonómica que de forma expresa "se rexeite a ubicación da incineradora na nosa comarca", dixo Fumega, que tamén se referíu na súa intervención ao Alcalde do Carballiño "que mantén unha postura similar á da Xunta, si, non, non sei, xa veréi", remarcou o portavoz socialista no concello carballiñés.