Socialistas e BNG coinciden en resaltar "o atraso económico e social que supuxo o goberno de Feijóo para a Comarca"
Socialistas e nacionalistas fixeron balance de lexislatura autonómica en clave comarcal. O BNG desplazou ata O Carballiño aos deputados Alfredo Suárez e Tareixa Paz, e os socialistas difundiron un comunicado de prensa.
O BNG considera que "Feijóo só se acordou da comarca para traer a incineradora"
Para os nacionalistas do BNG "o balance da lexislatura no ámbito da economia productiva é demoledor" e como consecuencia desa política do goberno do Partido Popular "está a situación dramática que representa o aumento do número de persoas desempregadas, O Carballiño foi no segundo trimestre deste ano a comarca na que máis se incrementou o número de persoas desempregadas, e no último ano incrementouse en 500 as persoas desempregadas, o que representa o 30% en relación a súa poboación activa", asegurou a deputada Tareixa Paz.
O desolador panorama comarcal que describiron os nacioanalistas fan "que a única perspectiva de futuro, sobre todo para os máis xóvenes, sexa a sangria da emigración, algo que xa ven sendo habitual no Carballiño".
Como exemplos máis negativos dos efectos do goberno de Feijóo na comarca carballiñesa están "as políticas no sector primario, que foron nefastas, como podemos ver coas explotacións de carne de vacún que aínda existen na comarca, e que están en situación crítica, ou o momento polo que atravesa a o pequeno comercio local, que coas últimas medidas do goberno de Rajoy, foi practicamente a estocada final", subliñaron os deputados do Bloque Nacionalista Galego, que compareceron na sede local acompañados pola concelleira Aúrea Francisco e membros do consello local da formación nacionalista.
A Agrupación Comarcal do PSdG-PSOE afirma que "a comarca tocou fondo baixo o mandato de Feijóo"
Tamén os socialistas inciden nas "taxas de desemprego máis altas da súa historia" e fan especial fincapé "nos 3 anos de nulas inversións, e coa paralización de anteriores proxectos".
Desde a Agrupación Socialista falan de "castigo e escarmento particular" á comarca do Carballiño e apuntan incluso entre as motivacións "as desavenencias e falta de relacións entre os rexidores do Partido Popular e o propio Feijóo, que non fixeron máis que empeorar os problemas que sufre a nosa poboación".
Como exemplos do "castigo" de Feijóo á comarca do Carballiño poñen os socialistas "o peche da Fundación Comarcal, o Instituto Termal, a suspensión da ampliación da residencia do Cornuval, o centro de interpretación castrexa de San Cibrán de Lás, a promesa incumplida de instalación dunha gran empresa no parque empresarial do Carballiño e outra en Cea, a construcción dun centro sanitario no Carballiño que quedou en nada, o peche de centros educativos, o abandono da residencia de tempo libre ou a inoperancia do plan Agader", relatan.