O paro encadena 4 meses de descenso na comarca
Este novo descenso rexistrado no mes de agosto deixa o número de persoas en situación oficial de desemprego no municipio carballiñés en 1.445, o paro tamén descendeu no conxunto da comarca un 4% no último mes.
Desta maneira, encadenanse catro meses consecutivos -de maio a agosto- nos que o paro baixou no concello do Carballiño en 155 persoas, asi e todo, se comparamos o dato de agosto co mesmo mes do ano 2011, constatase un aumento do 16% na cifra oficial do paro, 201 persoas máis como demandantes de emprego.
No ámbito comarcal, o paro tamén baixou en agosto entorno ao 4%, tras reducirse o número de persoas inscritas como demandantes de emprego en todos os concellos, agás nos de Beariz e Punxín, nos que se rexistrou un leve incremento. Maside e Boborás, con 280 e 204 persoas en paro -respectivamente- encabezan o ranking comarcal, tras os últimos datos actualizados, correspondentes ao pasado mes de agosto.