A Garda Civil culmina unha operación coa detención de 4 veciños do Carballiño como presuntos autores de varios roubos
A Garda Civil do Carballiño cerrou unha invstigación de varias semanas procedendo a detención de 4 veciños do Carballiño entre os 25 e os 35 anos, e a un súbdito marroquino de 36 anos de idade.
Según a Garda Civil, son os presuntos autores de varios delitos de roubos con forza rexistrados nos últimos meses nos municipios de San Amaro e O Carballiño, concretamente un bar, unha panadería e 3 vivendas e adegas, onde se apoderaron de diverso material, desbrozadoras, bicicletas, motoserras, carburante e 1.500 euros procedentes da recadación obtida en máquinas rexistradoras.
Os detidos ocultaban os obxetos sustraídos nun monte próximo a O Carballiño, e posteriormente procedían ao seu intercámbeo co súbdito marroquino por hachis, por eso, éste último está detido como presunto autor de delitos de receptación e contra a saúde pública.