A Policia Autonómica detén a un veciño de Boborás como presunto autor dun lume forestal
O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de San Xoán Laxas, no concello de Boborás, o día 19 de setembro.
Resultaron queimados 3.000 metros cadrados de monte arborado e outros 3.000 metros cadrados de monte raso, según os datos facilitados pola Policia Autonómica, que deu conta da detención dun home, como presunto autor do lume.
O incendio produciuse, segundo as investigacións, nun camiño sito nunha zona forestal e as lapas estenderonse rapidamente pola contorna. Por estes feitos, foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Carballiño