Os Socialistas piden a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño
Recordan que o SERGAS ven de licitar nos útlimos dias´"algúns centros de saúde que o goberno galego se comprometera a construir nesta lexislatura" entre os que non está o do Carballiño.
Desde a Agrupación Local do PSdG manifestan que a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño fora "un proxecto anunciado no seu dia polo Alcalde do Carballiño" e mesmo recordan "a promesa que fixera a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas na súa visita electoral a O Carballiño en plena campña electoral nas pasadas eleccións municipais cando se aseguraba que este concello contaría cun novo centro de saúde neste ano 2012".
Os socialistas carballiñeses critican que o proxecto anunciado no programa electoral do Partido Popular de centralizar os servizos de transporte de viaxeiros, trasladando á estación de ferrocarril a de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde, fose "unha farsa política ás que nos tivo acostumados o Sr. Feijóo, e como outras tantas promesas para este concello, o goberno do Partido Popular e o seu presidente non investiron nada do prometido", remarcan.