Feijóo : "síntome especialmente orgulloso de que no Carballiño haxa un Alcalde do Partido Popular"
"Aquí estamos comendo xuntos, pero cada ún paga o seu, como fai o PP sempre, non deixando nada a deber", remarcaba Feijóo ante os seus na comida-mitin deste sábado no Carballiño.
Os comensais pagaron 14 euros por asistir a este xantar-mitín que reuníu a 600 persoas, e que comezou con algún retraso sobre o horario previsto debido á tardanza en chegar por parte do candidato dos populares á presidencia da Xunta de Galicia. O menú, típico carballiñés, a base de polbo e carne ao caldeiro.
O Partido Popular non elixíu casualmente o parque do balneario do Carballiño para celebrar o seu acto electoral senón "porque con este escenario queremos simbolizar unha das nosas apostas para que O Carballiño volva a ocupar algún dia o lugar que por historia e tradición lle corresponde no termalismo galego, ese lugar que perdimos nas últimas decadas mentres outros falaban de expropiacións e outras fantasias, cando o que compre facer é apoiar e relanzar a nosa riqueza termal porque nela temos ún dos nosos grandes potenciais económicos", explicaba o Alcalde do Carballiño aos medios de comunicación, exercendo de anfitirión momentos antes de comezar o acto.
Argimiro Marnotes dixo que "O Carballiño é un pobo de boa xente, pero sempre hai excepcións, por eso temos que pedir disculpas por exportar desde aquí ao gran cacique, no Carballiño xa o sacamos de enriba, e agora Galicia enteira vaille demostrar que non é o home que precisa".
Non foi a única referencia ao candidato dos socialistas, Manuel Baltar apostillou "o gran cacique Pachi, denunciado por unha traballadora á que tivo que defender a candidata do BNG".
Durante a súa intervención, Alberto Nuñez Feijóo, recalcou que "Galicia é hoxe un modelo para España, hai catro anos eramos o exemplo a evitar e hoxe somos o modelo a seguir". O candidato popular tamén se acordou de Pachi "aos do PSOE coñecemolos ben e aquí no Carballiño especialmente, síntome orgulloso de que no Carballiño haxa un alcalde do Partido Popular", enfatizou.