O parque eólico "Valdepereira" ocupará 254 hectáreas e a súa construcción dará traballo a 280 persoas, cun investimento de 27,3 millóns de euros
Os datos son os que figuran no proxecto presentado pola sociedade "Aerogeneración Galicia", 280 persoas terán traballo na construcción do complexo enerxético que se ubicará en montes do municipio do Irixo.
A Consellería de Industria somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a execución do proxecto, que ocupará unha superficie total de 254 hectáreas, das que 175 están localizadas no ámbito xeografico do Irixo, e as 79 restantes no concello de Lalín. No caso da superficie que abrangue ao municipio do Irixo, as 175 hectáreas que serán ocupadas ubicanse nas parroquias de San Cosme de Cusanca e Espiñeira. A relación de propietarios afectados pode consultarse na delegación provincial da Consellería de Industria.
O investimento previsto por Aerogenación Galicia, sociedade promovida pola constructora lalinense Taboada e Ramos, é de 27,3 millóns de euros. As características técnicas do proxecto contemplan a instalación de 8 aeroxeradores de 3.000 kilovatios de potencia nominal unitaria, cunha altura de 94 metros e e un diámetro de rotor de 112, asi como unha estructura meteoróloxica de 100 metros de alto. O proxecto industrial obtivera en novembro de 2010 unha das puntuacións máis altas no concurso eólico da Xunta.