A Alcaldia investigará a autoría dun escrito enviado desde o correo electrónico da Policia Local
O escrito remitido a algunhos medios de comunicación desde a Policia Local denunciaba publicamente a supresión da paga extra e a precariedade de medios neste servizo no concello do Carballiño.
No correo electrónico remitido desde dependencias policiais manifestabase o descontento e malestar "por quedarnmos sen a paga extra, falamos dunha cantidade de unhos 150.000 euros que se deixar de gastar no pobo". Asemade, tamén manifestaban a preocupación existente entre a Policia Local pola precariedade na que se está desenvolendo o servizo, debido á escasez de efectivos, afirmando que os turnos son cubertos polos mesmos axentes mentres outros cobran o mesmo e non fan turnosna rúa. No escrito reivindicativo tamén se aseguraba que os axentes non dispoñen de roupa de inverno axeitada para realizar o seu traballo.
Desde a alcaldia emitiuse un comunicado no que explica "que se usou o correo electrónico da Policia Local para envialo, sen que nin o Xefe da Policia, nin os Cabos nin gran parte da plantilla soubesen nada deste escrito, e tampouco están dacordo coas manifestacións feitas no mesmo; é maís, todos os datos que se dan no citado escrito son totalmente falsos e sen ningún fundamento".
O alcalde carballiñes manifesta que "como máximo responsable municipal, debo anunciar que se abriron investigacións para determinar quen ou quenes utilizaron o crreo da Policia Local para este fin, facendo un uso ilegal de medios municipais, xa que se está usando un medio público para un interés persoal, creemos que alguén está facendo política en lugar de ser axente de policia", recalca.
Finalmente, Marnotes aclara que "o grupo de goberno non está en contra de que os traballadores municipais poidar expresar libremente as súas queixas, todos os traballadores coñecen os cauces para facélo, unhos cauces que sempre están abertos porque entendemos que é necesario coñecer a situación de cada traballador para un mellor funcionamento do concello", remata.