Os socialistas piden explicacións sobre o destino do diñeiro da tala no río Avia e o obradoiro de emprego de Leiro
O portavoz socialista en Leiro, Manuel Rodríguez presentou escrito no que plantexou cuestións que suscitaban inquedanza nos veciños de Leiro "e que non eran atendidas polo alcalde".
Lembra que en días anteriores veciños de Leiro acercáronse ata o grupo municipal do PSOE "ante a falta de información sobre o Obradoiro de emprego, os criterios de selección, as puntuacións dos seleccionados".
Reitera Manuel Rodríguez que o alcalde non informa ós veciños "de cuestións que afectan ó concello tales como porque non se fixo subasta pública na corta da leña, feita pola Confederación Hidrográfica Miño- Sil no Avia", sigue explicando que os veciños se preguntan porque non se dota o pobo de Outeiro de Berán de contenedores de lixo aínda que están pagando os impostos por este motivo.
Manifesta o portavoz socialista que "hai cuestións como as reparacións que se fixeron na rua Rei de Viana, que sigue no mesmo estado no que estaban, así como as reparacións que se fixeron na rúa Prado que poden supor un perigo para os viandantes, sin que ata o momento se tomen medidas para solventar a situación".