O Concello do Irixo executou obra pública en dúas eiras privadas na localidade de As Laxas
Asi o afirmou nesta emisora de radio o concelleiro socialista do Irixo, Javier Rodríguez "unha mostra máis das trapalladas desde alcalde, que perdeu completamente o norte", denunciou.
Según a documentación que obra en poder do concelleiro "estas obras pagaronse con diñeiro público procedente dunha subveción da Xunta por importe de 300.000 euros, o grave é que parte dese diñeiro investiuse en 2 eiras privadas no lugar de As Laxas, unha delas propiedade da familia do alcalde".
O sorprendente, según o relato do representante do PSdG na corporación municipal, é que para facilitar esa obra executada con diñeiro público "o concello do Irixo xustificou a cesión dos terreos por parte dunha suposta asociación de veciños, aínda que esa suposta cesión tería sido posterior á execución da obra", afirma.
Javier Rodríguez considera que "éste é un exemplo máis da política do tran-tran e da trapallada que ten por costume practicar o alcalde do Irixo, está mal acostumado a facer o que lle da a gana e asi non se pode gobernar un concello, e outra proba delo é o que está acontecendo coa actualización do inventario municipal, estáse facendo a toda presa e sen informar ós veciños, non sabemos a que ven tanta celeridade neste asunto", manifestou.