O Arenteiro recibe un duro correctivo ante o Arousa, 0-4.
Nin o Arenteiro mereceu tan severa derrota nin o Arousa un premio tan grande, pero cando un equipo -neste caso o carballiñés- está en recha negativa parece que todo é moito máis difícil para quen a padece e moito máis fácil para o rival. Salvarse do descenso comeza a estar moi complicado.Mención aparte merece o calamitoso estado do terreo de xogo do municipal de Espiñedo a estas alturas do inverno, algo teráse que pensar en facer, e a quen corresponda, porque o recinto vai camiño de convertirse nun auténtico patacal.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos, Xurxo, Dabarca, Tazos (Bardelás), Iago (Omar), Gabriel (Tomás), Kennedy, Prada (Dacosta), Martín e David Soares.
O PARTIDO: Comezou o Arenteiro dominando nos primeiros minutos de partido pero sen embargo foi o Arousa quen anotou o primeiro gol no seu primeiro tiro a portería -minuto 14- nun trallazo de Camiño dende fora da área. Aos 23 minutos pudo empatar Kennedy cando enviou un balón de cabeza que repeleu o poste, o mesmo Kennedy rematou -tamén de cabeza- outro balón ao 42 minutos, que saíu lixeiramente desviado cando o meta visitante estaba batido. Trala reanudación, en 7 minutos o Arousa deixou sentenciado o partido, primeiro foi novamente Camiño quen aproveitou un rexeite na área local e despois unha xogada de astucia dos visitantes, que aproveitan para sacar rápidamente unha falta ao borde do área ante o despiste xeral dos xogadores verdes e marcan o terceiro. Xa co tempo cumplido chegaría o cuarto e definitivo gol dos arousanos.