Ribadumia C.F. 1 C.D. Arenteiro 1
Os verdes regresan de Ribadumia cun punto que sabe a pouco, xa que tal como se desenvolveu o partido o Arenteiro pudo dar a campanada e conseguir a victoria, non obstante o empate ten o mérito de logralo no campo dun equipo que levaba nos últimos meses conseguido 19 puntos de 24 posibles.
C.D. Arenteiro: Macia, Carlos, Gabriel, Xurxo, Tazos, Alex ( M. 85,Tomás), Prada (M. 70, Dacosta), Pablo Piñeiro, Bardelás (M. 75 Marquina), Kennedy e David Soares (M. 84, Martín).
O Partido: Excelente tarde de fútbol do Arenteiro que non pudo culminar cunha victoria porque non quixo o árbitro. Adiantaronse os carbaliñeses no marcador no minuto 50, Carlos lanza unha falta sobre a área local e Kennedy de cabeza pon o 0-1. No minuto 65 chega a xogada clave do partido, David Soares volve marcar para o Arenteiro un gol absolutamente legal que incompresiblemente anula o árbitro por suposto fora de xoga. Cinco minutos máis tarde, no 70 de partido, o veterano Changui logra o empate para o Ribadumia. Non se descompuxo o Arenteiro que aínda dispuxo de dúas boas ocasións de Kennedy que a punto estivo de marcar, pero luciuse o porteiro local. Bó traballo de todo o equipo, con mención especial para Kennedy, Gabriel, Piñeiro e o debutante Alex.