Rouban na nave do concello de Maside e a Garda Civil recupera parte do material sustraído
A valoración económica do material roubado feita polos responsables municipais ascende a 4.000 euros.
Tras a denuncia presentada polos responsables muncipais de Maside, a Garda Civil abríu unha investigación que culminou coa detención de dous mozos de 19 e 20 anos de idade, ambos veciños do municipio de Maside. A Garda Civil prendeunos, tras recuperar parte do mateiral sustraído, como presuntos autores dun delito de roubo con forza que terían cometido na madrugada deste pasado martes dia 19 na nave municipal propiedade do concello de Maside.