A Xunta remite ao alcalde do concello de Leiro o convenio para a construcción do centro de dia
O Alcalde de Leiro asinará nos próximos dias o convenio coa Xunta de Galicia para a construcción do Centro de Dia que se ubicará nesta localidade ribeirán.
O proxecto ten un orzamento de 1 millón de euros, que aporta a administracción autonómica. Para esta anualidade de 2013 orzamentaronse 200.000 euros, pola súa banda o concello de Leiro pon a disposición os terreos no que se vai contruir o edíficio, nun solar que foi adquirido no seu dia polo concello cun investimento de 70.000 euros. Prevese que as instalacións teñan capacidade para acoller a 68 persoas.
O rexedor municipal, Francisco José fernández, mostrou a súa satisfacción pola sinatura deste convenio "porque podemos decir que xa comeza a ser unha realidade este centro de dia, que ademáis é o único que se contempla para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño". Fernández salientou "a importancia que terá a apertura deste servizo para as persoas maiores, pola que representa a mellora asistencial da comarca, e tamén porque se van crear unhos postos de traballo estables".