O porriñés Santiago López gaña a "1ª Media Maratón do Carballiño"
O corredor do Porriño non tivo rival e gañou con facilidade, Santiago López completou os 21.097 metros nun tempo de 1:10:45.
A chuvia acopañou a celebración desta "1ª Maratón do Carballiño-Festa do Pulpo" que organizou na matinal deste domingo o Club Atletismo Carballiño, malia que o tempo non acompañou a carreira foi seguida por numeroso público. Dende a organización, que estivo a un excelente nivel, destacan o éxito de convocatoria, xa que 360 corredores tomaron a saída, unha participación que anima ao club carballiñés a pensar xa na segunda edición, cara o ano que ven.