Verín C.F. 0 C.D. Arenteiro 0
O Arenteiro deixou escapar unha magnífica oportunidade de levarse os tres puntos na súa visita ao José Arjiz ante un flouxo Verín, ao final o equipo carballiñés rematou con 9 xogadores o partido polas expulsións de Pablo Piñeiro e Tazos, e consigue un punto que non vale para moito.
C.D. Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago ( Tacón ), Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín ( Marcos Sotelo ) e David Soares ( Bardelás ) .
O Partido: O gardameta do Arenteiro Macía pasou completamente inédito durante todo o partido, o que da unha idea da escasa bagaxe ofensiva dos verinenses. Aos carballiñeses funcioaballe a presión que exercian sobre o rival e conforme ían pasando os minutos os locais amosabanse máis nerviosos e imprecisos, unha mágoa que o Arenteiro non soubese aproveitarse desta circustancia durante o tempo no que mantivo os 11 xogadores no campo atá o minuto 70 cando unha doble amarela a Pablo Piñeiro equilibrou un partido que ata ese momento dominaba o Arenteiro. A unhos minutos para o final o árbitro, que estivo moi mal, deixa ao Arenteiro con 9 xogadores no campo ao expulsar, tamén por doble amarela a Tazos, tras sancionalo cunha falta que non foi. Aínda asi, o Arenteiro non se descompuxo e aguantou o resultado ata o final sen ningún perigo.