Marnotes anuncia que O Carballiño contará cun novo parque infantil na Praza da Veracruz
O alcalde carballiñés confirmou que esta mesma semana a Deputación aprobará un convenio para financiar a súa instalación.
Marnotes avanozou en COPE O Carballiño que "no pleno deste venres a Deputación aprobará este convenio polo que aportará ó concello do Carballiño unha achega de 50.000 euros para empregar na instalación deste novo parque infantil, que pensamos é unha necesidade para O Carballiño".
O rexedor municipal asegurou que a decisión xa está tomada por parte do goberno municipal para que a súa ubicación sexa na Praza da Veracruz "aínda que temos que definir a zona concreta na que se vai facer, e para elo contarémos tamén coa recomendación que nos faga patrimonio", subliñou.
O Alcalde do Carballiño tamén se referíu á ampliación do parque infantil da Alameda "onde se vai proceder ó traslado da oficina de turismo para acometer unha nova zona de xogos, trátase de atender as demandas que imos tendo, mellorando na medida do posible os servizos cos poucos cartos que temos", manifestou.