Rouban na Praza Maior de Cea e amedrentan aos veciños tirándolles pedras

24, Abril 2013

Os ladrós consegurion levarse preto de corenta reloxos do escaparate da Xoiería Adá, antes intentaron entrar na casa do concello de Cea.

O roubo rexistrabase ás cinco da madrugada e o ruído que provocou a rotura da cristaleira do escaparate da xoiería fixo que os veciños saísen ás ventás das vivendas, os ladrós responderon lanzándolles pedras.

"Eran tres individuos e ían encapuchados, polo menos logramos asustálos e non se levaron todo o que querían" relatou en COPE O Carballiño o propietario da Xoiería Adá, sita na Praza Maior de Cea. Cando chegou a Garda Civil pudo comprobar que tamén intentaran entrar -sien conseguilo- na casa do concello de San Cristovo de Cea.

A GARDA CIVIL PRENDE AO PRESUNTO AUTOR DE CINCO ROUBOS NA HOSTELERÍA CARBALLIÑESA

O detido, un mozo de 25 anos con residencia no municipio de Maside, tería sido o autor do roubo en cinco locais da hostelería carballiñesa, todos eles cometidos entre os pasados dias 14 e 21 deste mes de abril. En todos eles, apoderouse da recadación de varias máquinas "comecartos". Intrúe dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño.