O Alcalde expulsa do pleno a dous concelleiros da oposición e require a presenza da Garda Civil para dar continuidade á sesión
O socialista Alberto Otero e o concelleiro de Move Boborás José Benito Trigás foron expulsados en distintos momentos da bronca sesión plenaria que estivo interrumpida durante 15 minutos.
O primeiro expulsado polo alcalde Cipriano Caamaño foi o concelleiro socialista. Estaba no uso da palabra o alcalde cando foi interrunpido polo concelleiro socialista, Caamaño chamou atá dúas veces á orde ao socialista recordandolle que era él quen estaba no uso da palabra e que tiña que respetar o turno de intervencións "se vostede está acostumbrado a vivir nun galiñeiro eu non lle vou permitir que me interrumpa" recriminou ao socialista, éste respondeulle de inmediato "nun galiñeiro vivirá vostede, a súa casa da Almuzara sí que se parece a un galiñeiro, eso sí que é un galiñeiro, vostede é un sinvergüenza".
Nese momento o alcalde comunicou ao concelleiro socialista que "é a terceira chamada á orde, debe abandonar a sesión". Alberto Otero negouse "non me vou, chame a Garda Civil". De inmediato Cipriano Caamaño suspendeu o pleno "por espazo de 15 minutos", e dende a casa do concello de Boborás requiríuse a presenza da Garda Civil, cando chegou ao consistorio o concelleiro socialista xa abandonara voluntariamente o salón de sesións.
Tras reanudarse o pleno, logo chegaría unha segunda expusión, a do concelleiro do grupo Move Boborás José Benito Trigás, tras tomar éste a palabra no pleno sen estar en turno de intervencións, xa anteriormente tamén fora advertido polo alclade en dúas ocasións.
Tras os episodios vividos, o alcalde instou ao Secretario "a tomar nota para trasladar os feitos á fiscalía".
O grupo de goberno do Partido Popular fixo valer a súa maioría na corporación para aprobar todos os puntos da órde do dia. Entre eles, unha moción de apoio ás demandas "sen violencia" das plataformas de afectados por participacións preferentes e subordinadas. Tamén a posta a disposición de familias en situación de emerxencia social no concello das vivendas municipais ubicadas no colexio de Boborás, asi como o plan provincial de cooperación e plan adicional de 2013, que consistirá na pavimentación de camiños en distintas localidades do municipio.