A Xustiza require ao concello expedientes do ano 2008 tras unha denuncia por fraude de subvencións e un axente de aduanas levase documentación sobre a relación do concello con 6 empresas
O requerimento chega do Xulgado nº 2 de Ourense e ten que ver coa adquisición dun vehículo industrial por parte do concello por importe de 128.250 euros no ano 2008 tras recibir unha subvención da Xunta. Ademáis, a última hora da mañá presentouse nas dependencias municipais un axente de aduanas que solicitou documentación á Secretaria do concello.
En canto á notificación do Xulgado nº 2 de Ourense, éste require ao concello un expediente do ano 2008 sobre a adquisición a unha firma comercial por parte do concello dun vehículo industrial marca IVECO, tamén solicita que se remita por parte do concello a certificación relativa a compra, nesas mesmas datas, de cinceiros e papeleiras a unha empresa de fundición e sobre "o concreto destino deste suministro".
O requerimento do Xulgado ten que ver coa demanda presentada polo ex xerente desta empresa ourensana que foi despedido da mesma en 2010. Según o denunciante, teríase cometido fraude de subvencións "alterandose os prezos e efectuando o pago de comisións ao concello do Carballiño e a dúas empresas". O denunciante, según unha información publicada no xornal "La Región" este pasado dia 4 de Maio, refírese "a venta en 2008 dun vehículo industrial o concello carballiñés por importe de 128.250 euros, con subvención da Xunta, e onde según o traballador, ao responsable municipal que ordenou a compra teríanselle abonado 12.234 euros".
Ademáis, a última hora da mañá, un axente de aduanas personouse no concello do Carballiño. Unha vez nas dependencias municipais, o axente demandou da Secretaria Municipal documentación sobre a relación histórica do concello carballiñés con un total de 6 empresas. Neste caso, a investigación ten que ver coa Operación Pokémon na que está imputado o alcalde carballiñés.
O axente enviado ao concello carballiñés pola xuíza Pilar de Lara abandonou as dependencias municipais pasadas as 14,30 horas levandose toda a documentación solicitada.