Medios aéreos e terrestres traballaron no control dun incendio forestal que amenazou á localidade de Cibreiro
Tres helicópteros que cargaron auga no río Arenteiro e as brigadas contra incendios da Xunta traballaron dende as catro da tarde no control dun incendio forestal preto do pobo de Cibreiro, no municipio de Boborás.
O incendio localizouse entre as localidades de O Eixán e Cibreiro, na parroquia de Astureses, e pola dirección e a intensidade do vento, bastante forte, dificultou as labores de extinción. O fume obrigou a proceder ao desaloxo da zona.
Os tres helicópteros que participaron no operativo cargaron auga no río Arenteiro, nas inmediacións da presa do Balneario. Este primeiro incendio forestal da tempada coincide cos primeiros días de calor do mes de xuño, con temperaturas na zona que sobrepasan os 30 graos. A última hora da tarde o lume quedou controlado.