Criticas pola sinalización da nova Praza da Veracruz en lingua castelán
A Mesa pola Nornalización Lingüística do Carballiño- O Ribeiro presentou un escrito dirixido ao alcalde do Carballiño no que pide que sinalización e carteis sexan redactados en lingua galega.
A Mesa lamenta que a sinaización que ven de instalarse na Praza da Veracruz está en castelán "facendo caso omiso da Ordenanza de Normalización Lingúíistica do Concello do Carballiño, aprobada co consenso das organizacións políticas". Sinala a Ordenanza que "os rótulos e servizos públicos dependentes do concello ou instalados polas súas empresas adxudicatarias e concesionarias, serán redactadas en galego".
Mostran dende a Mesa Pola Normalización Lingüística do Carballiño-O Ribeiro a súa sorpresa por esta sinalización en castelán, toda vez que -manifestan- "este concello sempre se caracterizou polo seu respecto pola lingua galega".
Finalmente, no escrito asinado por Eladino Cabanelas, como responsable da Mesa nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, solicitase "a sustitución da sinalización e carteis instalados por outros redactados en lingua galega, ou como mínimo, nas dúas linguas oficiais, cumplindo deste xeito co espírito e a letra da ordenanza de normalización lingüística do concello do Carballiño".