Goberno e oposición manifestan o seu malestar polo esmorecemento da Festa dos Maiores
A baixa afluencia de público no evento festivo celebrado o pasado sábado no parque municipal fai que goberno e oposición coincidan nas críticas á Xunta por deixar esmorecer unha xuntanza que se celebra no Carballiño dende finais dos anos setenta.
O alcalde do Carballiño xa trasladou no propio dia da festa a súa preocupación antes os responsables da Xunta "manifesteino públicamente no mesmo discurso do sábado no parque, que non se deixe morrer esta festa, éste non é o camiño a seguir, hai que manter a xuntanza porque é importante para O Carballiño, éste ano os participantes tiñan que pagar o autobús e só ese feito botou a moitos para atrás, dende o concello xa manifestamos a nosa preocupación e confiamos en que esta dinámica cambie cara o ano que ven", subliñou Marnotes.
Dende o PSdG poñen de manifesto o fracaso que a convocatoria supuxo para a hostelería local e apuntan "o perxuizo incalculable infrinxido a pulpeiros e hostaleiros instalados no parque municipal". Os socialistas culpan do fracaso á Xunta e o concello, que son "responsables desa estratexia conxunta que parecer ter orquestada a Xunta de Galicia e o noso señor alcalde Marnotes para afundir na miseria as poucas ilusións e esperanzas de sair adiante ou cando menos aforntan a actual situación de crise".
Como exemplo da falta de planificación e ausencia total de promoción, os socialistas poñen o feito "de que moitos veciños da vila descoñeceran por completo a actuación do grupo A Roda".
Pola súa parte, o BNG lamenta "que se deixe fundir unha festa que tanto representa para O Carballiño, e pola que tanto se traballou dende o BNG cando tivo responsabilidades de goberno".
Finalmente, dende A NOVA afirman que "a Xunta cargase a festa dos maiores, a edición deste ano foi con moito a pior dende a súa creación, constanos que hai demanda, o que falta é vontade política, de seguir asi e con esta ineficacia do grupo de goberno van conducir O Carballiño a un futuro moi oscuro, con istes gobernantes imos de mal en pior", proclaman dende a formación nacionalista.