C.D. Arenteiro completa un renovado plantel para a tempada 2013-14.

9, Xullo 2013

Coa incorporación da última fichaxe, o dianteiro Diego Quiroga, a nova Xunta Directiva da practicamente por cerrado o plantel de efectivos cos que contará o adestrador Miki López para competir na Primeira Autonómica, tras consumarse o descenso de categoria do club carballiñés.

En relación ao plantel de Preferente do ano pasado causan baixa no club 8 xogadores: Iago Garrido e Xurxo que retornan ao Verín, Macia que vaise ao C.D. Barco, Soares que regresa ao Lalín, Pablo Piñeiro que se vai á súa terra como novo xogador do Ribadumia, Tazos, que comunicou o club que se vai o fútbol danés, Gabriel que fichou no Ourense B, e Kennedy, de momento sen equipo.

O club renovou a 7 xogadores da anterior tempada en Preferente: Pachi, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Dabarca, Escudero, Bardelás e Walter Martín. Tamén se lle ofreceu a renovación a Tacón, aínda que por motivos de traballo o xogador non poderá incorporarse ata avanzada a tempada.

As altas que durante os últimos dias se foron confirmando son as seguintes: Lois, Canexón e Perdiz(  AT. Barbantes ) e Adrián Cancelas, que regresa ao Arenteiro despois do seu paso polo Ourense B. Tamén volve ao C.D. Arenteiro Alex, procedente do Melias. Do equipo xuvenil da E.M. F. incorporanse Omar e Manu, e ademáis farán a pretempada Joel, Rubén, Franki, e Miguel. Ademáis, o club tamén levou a cabo contactos para a reincoporación dos ex-Arenteiro Pana e Samuel, pero ambos xa estaban comprometidos con outros equipos.

Finalmente, confirmanse tamén a fichaxe de outros catro xogadores: Meji ( Club Lemos ), Luis Chamo e Adrián Núñez ( C.D. Velle )  Victor Gallego ( Verín C.F. ) e Diego Quiroga ( Club Lemos ).

Como segundo adestrador e preparador físico o club contará cos servizos de Borja Quintas.

ASEMBLEA DE SOCIOS O VENRES DIA 12 ÁS 21 HORAS

A nova Xunta Directiva expoñerá ante os socios o novo proxecto deportivo, económico e social para a vindeira tempada. A convocatoria está fixada para o venres dia 12 de xullo ás 21 horas no salón de actos da casa do concello do Carballiño.