O Carballiño suspende actos e convoca cinco minutos de silencio na Praza Maior
A concentración silenciosa faráse este venres dia 26 ás doce do mediodia, está convocada en sinal de loito polas vítimas e de solidariedade coas familias afectadas polo accidente ferroviario de Santiago. Este mesmo acto está convoado pola FEGAMP en todos os concellos galegos.
Entre os actos suspendidos polo concello do Carballiño, sumandose aos sete dias de loito oficial decretados pola Xunta, figura a 1ª Concentración Moteira Urbana do Carballiño, organizada polo Moto Club local, programada para este sábado. Tamén se suspenderon as festas patronais na parroquia de Mudelos.
As necesidades para atender aos feridos polo accidente ferroviario están de momento cubertas en todos os grupos sanguineos. O Centro de Transfusión de Galicia agradece a solidariedade e pide á cidadanía que se manteña atenta ante posibles novas chamadas no caso de que fose preciso.