O Triangular do polbo, para o C.D. Cea

10, Agosto 2013

O equipo panadeiro gañou o triangular de futbol  desputado na tarde-noite deste venres no municipal de Espiñedo, dentro da programación festiva do polbo carballiñés.

No primeiro partido, o C.D. Cea venceu ao C.D. Arenteiro por 1-0. Despois, Maside F.C. e C.D. Cea empataron a dous goles, e no terceiro partido, o Arenteiro impúxose ao Maside por 2-1. Desta maneira, o equipo ceano gañou o torneo.

OS PRÓXIMOS PARTIDOS DO ARENTEIRO SERÁN EN CEA, NO CUADRANGULAR DE BARBADÁS E EN MELIAS.

O equipo continúa a pretempada, no campo do Lodairo e nun novo enforntamento co Cea,. o C.D. Arenteiro venceu aos locais por 1-5. Os próximos compromisos serán o domingo 18 e o mércores 21 de Agosto. O domingo no campo de Os Carris de Barbadás, nun cuadrangular no que competirá con Barbadás, Barbadás B e Polígono. O mércores desplazaráse atá Melias.

O domingo 25, festa da vendima en Leiro, os carballiñeses xogarán un novo partido amigable  co equipo da vila ribeirán no campo do San Bartolomé de Leiro.